12.10.11

17 céntimos_

Facía tempo que levava aquela pesada carga de pezas de cobre, anacos torcidos enganchádos uns con outros de formas nunca antes vistas polos meus ollos, e que hai si non é algo novo? dado que non existe algo igual a outro, todo o que vemos será extraño agás as formas cotiás. 17 céntimos me deron por todo aquel tesouro, que podría ser infinítamente máis se algén que comprendera esas formas como algo preciado se decantase por obtelas, pero esa persoa decidiu non saír de casa ese día, prefiriu quedar facendo outras cousas que nese momento optaba por velas máis importantes que facer algo incerto e sen saber que pasará, o control é o que o moveu nese instante no que a sua vida cambiaría de tal dorma que non podría sospeitar,,

eso pensou o que estaba pensando, mentres a sua oportunidade de elixir outra oportunidade se desvanecía por optar seguir o que él quixo e non o que el querrá que quixera cando un día vexa o que atrás deixou e queira cambiar o que tan alá non pode chegar sen saber que se poidera mover eses sentimentos e cambiar o que xa foi para facelo como él ahora quere que fose, ahora estaría suplicando por que se o feito está feito, o non feito non se fará,, e tantas cousas perdeu, e tantas cousas non puido vivir, que ao vivir a súa vida sen ser él en cada momento o que elixise que momento vai seguir, senón sendo unha inquietude futura por como sería se non, convertiuno en algo que non é nada, xa que sen recordos, sen experiencias, sen saber quen éres, o único motivo de vida é encontrar un, para seguír vivindo,, mentres o que estaba pensando pensou en porqué?

Seguiu pensando ata atopar as palabras para describir o que pensaba, sabendo que podía seguír así largo tempo, xa que non encontra na súa língua a metades de evolución, conceptos tan claros como unha idea transmitida íntegramente dun corpo a outro, tan nítida como un raio de Sol despois de viaxar polo exterior chege a pupila e penetre no pensamento, como ver a curva hacia o ceo que fai a carretera que non vai hacia o ceo e esperar polo semáforo que desde o por vir me intenta transmitir, e non sei que quere dicir, pido axuda ás árbores e tamén os fieitos para encontrar unhas crías agochadas pola súa nai que aínda non coñecen o que hai fora, e cando o descubran, para nada vai a ser parecido ao meu mundo aínda vivindo en él,,

unha man dando palmadas sobre sí mesma é a creadora dese sonido polo tanto se nese instante no que o sonido ocorre, o mesmo sonido se preguntase o seu porqué neste mundo e deducise que pola sua mera existencia ten que existir algo superior ao que lle chama Dios e como tan comeza a adoralo e a vivir en base a él, intentando complacelo e satisfacer os seus desexos, ese sonído malgastaría a sua corta e efímera existencia adorando a algo que nin tivo en conta a posibilidade de que existise,,

un día tras outro, hasta perder a cotna dos días que leva facendo o mismo unha e outra vez, o mismo unha e outra vez, o mismo unha e outra vez,, vale que cada día aprende algo novo, cada día riese por algo, cada día pensa en ideas inexploradas, perde tamén cada día un día,, ese día que perde non fixo o que non fixo, non facendo o que non fixo non elixiu outra opción, non elixindo outra opción chegou ata onde hoxe, e hoxe, o día no que votará o seu derradeiro alento pensa,,

é como as estrelas diminutas que brillan nos días despexados, cando miro o ceo azul e vexoas brillar e brillar nun lado e noutro, sei que non son estrelas e tamén sei que non son a sinapse das neuronas do ceo, o que non sei e como o sei, se non sei o que son nen como sabelo, que certeza teño de que non son os fortes berros dun ser xa extinto que perduraron ahí no tempo, sendo vissibles ao visible e perceptibles a quen as poida percibir, que será a sua amada que a levaron a forza ao futuro para ser exposta nun habitáculo para disfrute dunha especie sen piedade tecnolóxica que abusan dos non avanzados, porque seus predecesores se centraron en outros zakus que consideraron máis importantes, mentres dende o pasado, a furia infinita e a impotencia se manifestan en forma de berros tan sonoros que son visibles e perduran no tempo ata chegar a os receptores sonoros de quen os ten que escoitar.


Que valor ten unha vida? Se a arma que a apunta é o tempo, as accións son a bala, e as decisións o gatillo,, Que valor ten unha vida? Cando o tempo é eterno, as accións son conceptos e xa non podes morrer,, De que vale todo esto? Se un día serei polvo, os recordos serán nada, os que me coñeceron serán eu_

No hay comentarios:

Publicar un comentario